Site icon Crónica3.com A Mariña

Este domingo celébrase a XIV Viveiro Bike Extreme 2023

O evento inclúe a Copa Galega de cross-country marathon (XCM) con bicicleta de montaña e máis dúas marchas cicloturistas

Viveiro, 27 de xullo de 2023. O Concello de Viveiro presentou unha nova edición da Viveiro Bike Xtreme BTT-XCM 2023 Copa de Galicia e Marcha Cicloturista. O evento reunirá á élite do ciclismo galego e asturiano na vila na que é xa a súa edición número 14.

A presentación contou coa participación da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e dos socios da organizadora Peña Lar de Viveiro.

“Como vimos facendo desde hai anos, desde o concello apoiamos todas as iniciativas que combinan deporte e natureza”, afirma Loureiro.

A Viveiro Bike Extreme BTT-XCM 2023 contará en total cuns 150 participantes, e constará de dúas partes principais. Por unha banda, a Copa Galega desta modalidade, unha proba puntuable para o campionato de Galicia de maratón.

Tamén haberá unha marcha cicloturista, en bicicleta todoterreno, con dous percorridos, un longo de 65 quilómetros e un curto de 47 quilómetros.

Dende o Concello animan á veciñanza e persoas que o desexen a participar nesta última proba en vindeiras ocasións, ao ser esta “moi asequible” para ciclistas afeccionados.

Exit mobile version