Candia desexoulles moita sorte aos tres deputados (Francisco Conde, Jaime De Olano e Cristina Abades) e aos tres senadores (José Manuel Barreiro, María José Gómez e Juan Serrano) e instounos a “traballar en beneficio da provincia e dos lucenses”
“Lugo apoiou masivamente outra vez ao Partido Popular”. De feito, a candidatura do PP ao Congreso por Lugo recibiu un total de 98.105 apoios (o 50,35%) subindo en 29.575 votos que se traducen nunha subida de máis de 12 puntos. É máis, “a lista do PP foi a gañadora en 63 dos 67 concellos da provincia, é dicir, no 94%”. Inclúense os concellos de maior poboación e, incluso, naqueles onde goberna outra cor política. De feito, o Partido Popular foi o máis votado en 30 concellos onde non ocupa o goberno municipal.
A presidenta provincial destacou tamén que “o PP é a forza que máis medrou en apoios”. De feito, supera á segunda (PSOE) e terceira forzas (BNG) en máis de 39.000 e 81.000 votos, respectivamente, que supoñen unha diferenza de máis de 20 e 42 puntos.
A cidade de Lugo tamén obtivo o mellor resultados das sete grandes cidades de Galicia con 25.952 votos que supoñen o 46,81%. É dicir, mellorando todas as cifras con respecto ao 2019 ao subir en 8.855 votos e en case 14 puntos. De feito, o PP gañou en tódalas mesas excepto en dúas: nunha empatou e noutra quedouse a só 2 votos do PSOE.
TRES DEPUTADOS E TRES SENADORES
Os populares lograron unha representación de 3 deputados na Cámara Baixa (Francisco Conde, Jaime De Olano e Cristina Abades), un máis que nas anteriores xerais, e 3 representantes tamén no Senado (José Manuel Barreiro, María José Gómez e Juan Serrano) apoiados por máis do 48% dos votos. Candia desexoulles moita sorte aos deputados e senadores e, sobre todo, instounos a “traballar en beneficio da provincia e dos lucenses”.