Joan Pedro e Bruno, alumnos de FP Básica de Hostelería, acompañados do profesor de cociña, Martín Lema, están este mes de xullo de prácticas nun restaurante da cidade de Karlsruhe, rexión de Baden-Wurtemberg. Durante este tempo traballan nas cociñas do restaurante elaborando platos tipicos da gastronomía alemana, española e grega, xa que a propietaria é española. Aproveitan os días libres para coñecer a rexión, na foto en Frankfurt. Na outra foto posan cos propietarios do restaurante, Teresa e Anastasyos. Estas prácticas están encadradas dentro do programa Erasmus+ que permite ao alumnado do IES de Foz traballar en calquera país europeo cunha beca Erasmus+.
Dous alumnos de FP Básica do IES de Foz, realizan prácticas no restaurante Terra Mare de Karlsruhe, rexión de Baden-Wurtemberg, Alemania
Dous alumnos de FP Básica do IES de Foz, realizan prácticas no restaurante Terra Mare de Karlsruhe, rexión de Baden-Wurtemberg, Alemania
Relacionado
-
O alcalde de Foz e a concelleira de Asuntos Sociais falaron da residencia de maiores co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros