Foz, 19 de xullo de 2022. AciaFozCCA organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará os días 20, 21 e 22 de xullo.
Durante esas xornadas os establecementos comerciais participantes sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais.
Nesta nova edición do Comercio na Rúa participan un total de 34 establecementos, que son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Antigüedades Álvarez, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Chuvia Complementos, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, La Flor Abulense-2, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mexicosas, Mi Casa, OfiFoz, Sensación Surf, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet, Xanela Complementos, Xoguetería Bahía e Yo te mimo.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, subliña que “o Comercio na Rúa é unha oportunidade moi interesante para mercar artigos de tempada para o verán e para a volta o cole a moi bos prezos”.
AciaFozCCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.