Site icon Crónica3.com A Mariña

Conde: “É o momento de apostar polo Partido Popular para impulsar medidas vinculadas ao sector forestal, estratéxico para Lugo e Galicia”

O candidato popular avogou por “apoiarnos no sector forestal para favorecer unha xestión ordenada e sostible, impulsar a recuperación do territorio afectado polos incendios e abrir novos mercados vencellados á compensación da pegada de carbono”

Vilalba, 19 de xullo de 2023. O candidato número 1 da lista do PP lucense ao Congreso, Francisco Conde, asegurou nun almorzo informativo con representantes do sector forestal celebrado esta mañá en Vilalba que “é o momento de apostar polo Partido Popular para impulsar medidas vinculadas ao sector forestal, un sector estratéxico para Lugo e para Galicia”.

Conde explicou que “o sector forestal é un sector competitivo, que xera emprego e favorece o crecemento económico e as nosas exportacións. Polo tanto, está abrindo novas oportunidades para vivir no rural e vivir do rural”.

O candidato popular avogou por “apoiarnos no sector forestal para impulsar unha xestión ordenada e sostible” desde os puntos de vista ambiental, económico e social. E engadiu que “é o momento de impulsar a recuperación do territorio afectado polos incendios forestais e novas medidas para abrir mercados vinculados coa compensación da pegada de carbono, onde o forestal vai xogar un papel decisivo”.

O cabeza de lista ao Congreso pola provincia sinalou que “fronte á falta de cooperación por parte do Goberno de España, a Xunta de Galicia é consciente de que a industria forestal galega “é un referente” e ten claro que “a colaboración público-privada é o mellor camiño, o máis seguro e máis fiable para acadar os nosos obxectivos”.

O Partido Popular márcase catro grandes obxectivos: mellorar o capital humano
a través da formación; impulsar a innovación; cooperar e valorizar; e apostar pola competitividade, o desenvolvemento e a diversificación do sector. “Estes son os eixos de actuación da Axenda de impulso da industria forestal-madeira 2022-2024 da Xunta impulsada durante a etapa de Feijóo”, explicou. E agora, “queremos trasladar esta visión a nivel estatal” da man de Alberto Núñez Feijóo, que é o candidato que mellor coñece o rural e que mellor coñece o sector forestal”.

Conde adiantou que “con Feijóo no Goberno a industria forestal non volverá sentirse desamparada pola Administración central: seguiremos defendendo o mantemento de Ence na ría de Pontevedra para non poñer en risco miles de empregos e a planta de fibras téxtiles sostibles que propón Altri en Palas de Rei dicindo si á creación de miles de emprego”.

Exit mobile version