O alcalde, Dani Vega, comentou que “este reforzo ao sistema público de limpeza durará tres meses: xullo, agosto e setembro co obxectivo claro de baldear, limpar e varrer as rúas da nosa vila. Tamén se procederá ao desbroce para adecentar e mellorar as zonas de paseo. Estamos a falar da contorna da ría de Ribadeo, da zona do Cargadeiro e Cabanela, entre outras”.
O baldeado e limpeza das rúas xa deu comezo esta mesma mañá. O rexedor pide colaboración á hostalería: “queremos en primeiro lugar pedir disculpas polas molestias que se poidan ocasionar estes días co baldeado das rúas, sobre todo nas que hai terrazas. Á vez que solicitamos a súa colaboración, para que poidan apartar as mesas e as cadeiras mentres se desenvolven esas tarefas”.
O rexedor dixo que “Ribadeo é un concello turístico, temos que dar esa boa imaxe porque vivimos do turismo, pero tamén os veciños e das veciñas queremos un Ribadeo limpo e iso o imos facer e o imos traballar”.