Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza a segunda quenda do campamento urbano de verán de Viveiro

Viveiro, 20 de xullo de 2023. O Campamento Urbano de Verán do Concello de Viveiro comezou a súa segunda quenda o pasado luns para facilitar a conciliación.

“Con este campamento buscamos favorecer a conciliación familiar cunha alternativa de ocio saudable e á vez que pedagóxica, na que se fomentan o xogo, o deporte e a expresión artística, ademais de valores como a convivencia ou o respecto entre iguais”, explica María Loureiro.

Esta semana, os nenos e nenas tiveron actividades con kayaks e nos próximos días terán inchables, Entroido de Verán, o Día do Pirata e outras iniciativas deportivas e de lecer.

Ademais do campamento, no verán está aberta a escola infantil municipal e o concello colabora con outros clubes e entidades noutras actividades, como os cursos de ximnasia rítmica e outros deportes, cedendo as instalacións municipais.

O campamento de verán está destinado a nenos e nenas nados entre os anos 2011 e 2019, ambos incluídos, de luns a venres en horario de 08:30 a 14:15 horas, con entrada flexible ata as 10,00. Haberá quendas ata finais de agosto.

Exit mobile version