Charly chega a Burela con moitas ganas despois de toda unha vida en Sevilla, “eu nunca saín da casa e dixéronme que Burela é un gran sitio para evolucionar como xogador, onde se está ben e eres ben acollido. Ademais recomendáronme moito a David Rial como adestrador e cando me chamou non o dubidei, tiña máis ofertas pero decidín irme a Burela”. Sobre a súa achega ao equipo e as súas espectativas para esta tempada “espero achegar o meu grao de area e dar todo o posible polo equipo na faceta que sexa. Burela para min é un equipo de Primeira e que mínimo que tentar loitar polos Playoff ou por optar ao título de Liga”. Cara á afección “que confíen no proxecto deste ano que seguro que vai ser moi bonito, avecíñanse moi bos momentos en Vista Alegre”.
O Presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco dá a benvida ao xogador andaluz “é un xogador novo pero con experiencia, que se une ao noso equipo provinte do Betis para fortalecer ao equipo a través desa mestura entre experiencia e, do mesmo xeito que o seu compañeiro Jorge Quelle, mocidade con proxección de futuro. Con moi bo físico, leva anos xogando a gran nivel tanto en Segunda como en Primeira División, axudaranos a incrementar e fortalecer a defensa da nosa plantilla”.