O candidato socialista explicou que se tratan da N-634, que discorre de Ribadeo ata Baamonde, pasando por municipios como Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Abadín ou Vilalba; da N-640, que atravesa o concello de Lugo, dende Guntín ata Vegadeo, pasando por Meira e A Pontenova ata chegar a Ribadeo; a N-642, a estrada da Mariña que comunica Ribadeo con San Cibrao, pasando por municipios como Barreiros, Foz, Burela ou Xove; e finalmente, a autovía A-8. “Vaise actuar sobre tres estradas que vertebran a nosa provincia e que soportan a diario un tráfico moi intenso, así como nunha vía fundamental para a comarca da Mariña como é a A-8”, asegurou.
O candidato do Partido Socialista remarcou que estas actuacións terán un impacto moi positivo tanto para os miles de vehículos que utilizan a diario estas conexións, como para os transportistas da provincia e os veciños e veciñas que viven nestes concellos, ademais de facilitar e potenciar o turismo en Lugo.
“Unha actuación necesaria que novamente trae o Goberno de Pedro Sánchez en materia de infraestruturas para Lugo. Estas vez, investindo na mellora das nosas estradas”, rematou.