Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela despide unha exitosa fin de semana deportiva

Burela, 31 de xullo de 2023. O concelleiro de Deportes, Carlos Méndez, fai un balance positivo da fin de semana deportiva vivida na vila coa celebración da VII Carreira Burela Bonita e coa final do Torneo de Tenis Memorial José Luis Yebra.

O edil burelés declarou que “foron dous días de moi bo ambiente deportivo en Burela, que unido á fin de semana gastronómica do Tapeo Bonito, fixo que foran moitas as persoas que se achegaran á nosa vila para gozar do deporte e ademais aproveitaron para degustar o noso príncipe azul, polo que o balance que podemos facer é positivo”.

Simón Río e Helena Celada foron os campións das absolutas masculina e feminina da VII Carreira Burela Bonita. Adriana Rebolo e Ángel Sánchez foron os gañadores das cadetes feminina e masculina; Lidia Balseiro e Luis Berdeal das infantís feminina e masculina; Marta Ceñal e Miguel Diz, das alevíns feminina e masculina e Xana Díez e Thiago Fernández, das benxamíns feminina e masculina.

Na entrega de premios participaron a alcaldesa, Carmela López, e os concelleiros de Deportes, Mocidade e Turismo, Carlos Méndez, Mario Pillado e Ramiro Fernández.

Carlos Méndez aproveitou a ocasión para felicitar aos gañadores e gañadoras: “parabéns a tod@s e moitas grazas por participar un ano máis na Burela Bonita. Agardámolos a todos e todas e a moitos máis no 2024 nesta carreira, que xa é un clásico do verán na nosa vila e na comarca”.

Tamén se disputaron onte, domingo, as finais do IX Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial José Luis Yebra. Na categoría dobres xoves os gañadores foron Iago Mon e David Valle; na de individual xoves o campión foi Marcos Martínez; en sub 17 Daniel Fernández; na categoría dobres absoluto proclamáronse campións Javi Fernández e Rafael Marful; e na de individual absoluto o gañador foi Fernando Kanacri.

Exit mobile version