Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela celebrará o Día de Galicia co concerto de De Vacas e cunha pancetada

Burela, 20 de xullo de 2023. Burela celebrará o Día de Galicia co concerto de De Vacas e cunha pancetada. Será na praza do Concello a partir das oito da tarde.

De Vacas chega a Burela coa súa nova xira, Rebovina Divas Live, un paseo polas mellores voces femininas da música pop mundial das últimas décadas coa ollada humorística e irreverente desta formación. O acceso é libre e de balde.

A alcaldesa, Carmela López, explica que “quixemos programar unha actividade importante para o 25 de xullo co obxectivo de animar á xente de Burela e aos moitos que nos visitan nestas datas a gozar do Día de Galicia na nosa vila con boa música, como a que nos traerán De Vacas, e tamén con gastronomía da man do Club Baloncesto Burela”.

Na mesma Praza do Concello o Club Baloncesto Burela organiza a primeira pancetada. Desde hoxe xa se poden mercar os tíckets anticipadamente en Beep. O prezo será de 7 euros. A ración estará composta de panceta, pan, chourizo e bebida (a elixir entre auga, cervexa ou refresco). Para os que prefiran comprar o tícket o mesmo 25 de xullo o prezo será de 9 euros.

Exit mobile version