Anthony Loffredo é un home de 33 anos nado en Montpelier que saltou á á fama tras empezar o seu proxecto artístico The Black Alien Project, que ten como obxectivo converterse no que el considera un alien. Trátase dun proxecto vital que iniciou fai oito anos e que desenvolve progresivamente no seu corpo mediante modificacións corporais e tatuaxes. Actualmente está nun 57 por cento da súa transformación, pero o seu proxecto vai máis aló das modificacións. Loffredo é un artista abstracto e tatuador freehand polo que a xente que se tatúa con Black Alien non sabe que vai deseñar na súa pel, convertendo cada tatuaxe nunha obra única en cada cliente.
Proximamente abrirá ao público unha galería onde os asistentes poderán ver o percorrido artístico da obra de Black Alien ao completo e así comprender desde dentro o mundo de Loffredo, que ten 1,3 millóns de seguidores en redes sociais.
Os propietarios de Black Blood Tattoo Studio, Bailey José Ramírez Madrigal e Lucía Filgueira Fernández, explican que Anthony Loffredo “está estes días no noso estudio traballando, como profesional da tatuaxe mundialmente recoñecido que é. Ademais mañá, martes 25, a partir das 18 horas teremos un evento de meeting cos seus fans, que lle poderán pedir autógrafos e fotografarse con el. É unha ocasión única na Mariña, para que os interesados aproveiten para disfrutala”.