Gómez Besteiro lembrou que A Fonsagrada ten hoxe unha residencia para maiores e obras e infraestruturas de todo tipo “grazas aos gobernos socialistas na Deputación”
O cabeza de lista destacou algúns dos exemplos do traballo dos socialistas na propia Fonsagrada: “Fomos capaces de traer servizos esenciais como a Residencia da Terceira Idade, fixemos a Casa do Concello, o campo de fútbol, arranxamos o Campo da Feira, abrimos a primeira sala pública de despiece de carne de caza de Galicia, construimos o polideportivo municipal e a Casa da Cultura, impulsamos o desenvolmento do polígono industrial e nos próximos catro anos construiremos a Casa Cuartel da Garda Civil e impulsaremos a mellora da chegada do abastecemento de auga ao núcleo urbano da Fonsagrada”. Investimentos, todos eles, que axudaron e seguirán contribuindo a fixar poboación nesta vila, un referente da montaña luguesa.
Besteiro, cuxa aposta por A Fonsagrada na súa etapa como presidente da Deputación foi vital para o progreso da vila, comprometeuse cos veciños a “seguir desenvolvendo as accións necesarias que permitan que a xente da Fonsagrada viva da Fonsagrada e viva na Fonsagrada”.
Por iso, sinalou, “creo que hai diferenza entre uns e outros. Pedro Sánchez e os socialistas cumprimos. Feijóo dálle as costas a Galicia e isto é algo que saben moi ben os veciños da Fonsagrada”.