Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiro subliña en Burela que o sector do mar é “un motor económico fundamental”

Burela, 11 de xullo, 2023. O cabeza de lista ao Senado por Lugo reivindicou ao sector do mar como “un dos sectores económicos fundamentais” de Galicia e de España, poñendo sobre a mesa as consecuencias negativas que está tendo sobre o consumo dos seus produtos a carga impositiva que teñen

Sobre a visita de hoxe a Burela, José Manuel Barreiro asegurou que o obxectivo é “escoitar aos armadores, que nos trasladen os seus problemas e trasladarlles o noso apoio e compromiso claro con este sector que é un dos motores claves da Mariña e que terá do próximo Goberno de Alberto Núñez Feijóo o apoio que lle faltou durante estes anos de sanchismo”

Lamentou tamén que os asteleiros “non estean atravesando o seu mellor momento pola falta de consideración que tiveron ata agora por parte do Goberno do Estado e a pesar de que a fabricación de barcos é un dos motores fundamentais desta zona”

“Nós queremos que todo isto cambie a través do esforzo e do compromiso que Alberto Núñez Feijóo ten”, concluíu

Exit mobile version