A persoa que alertou a través do 112 Galicia sobre as dúas desta tarde observou o coche ardendo nunha pista que vai en dirección á Capela de San Pedro, en Mañón. Foi uns minutos despois, á chegada dos voluntarios de Protección Civil da localidade, cando se confirmou que había unha persoa morta no interior. Ademais dos voluntarios, ao lugar dos feitos acudiron os membros do GES de Ortigueira e os axentes da Garda Civil co fin de aclarar as circunstancias do suceso. Desde o 112 Galicia tamén se informou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que nada se podía facer por salvar a esta persoa.