Os populares inician a semana con visitas aos diferentes departamentos da Deputación para presentarse aos traballadores provinciais, coñecer de primeira man as necesidades de cada área e ofrecer toda a colaboración por parte do Grupo Provincial, que continuarán nas vindeiras semanas co resto de dependencias
A documentación presentárona Antonio Ameijide e Carmen José López, voceiro e vicevoceira do Grupo Provincial do PP, que tamén iniciaron durante a mañá unha ronda de visitas a varios dos departamentos de San Marcos para coñecelos, presentarse aos traballadores e brindar toda a colaboración por parte dos populares.
Antonio Ameijide explica que este tipo de visitas son moi positivas, non so para presentarse aos traballadores da Deputación, senón para ofrecer toda a colaboración posible aos traballadores provinciais “que realizan un traballo fundamental” e tamén para garantir que “se presta un reparto equitativo dos fondos e dos servizos a todos os concellos”.
Os populares recordan que continuarán nos próximos días e semanas cos contactos iniciados hoxe cos diferentes servizos e traballadores da Deputación para ter contacto con todos os traballadores do ente provincial que hai na provincia.
SITUACIÓN ECONÓMICA DEPUTACIÓN
Ameijide e Carmén José López recolleron o convite realizado no pleno do pasado venres por Tomé e o secretario da Deputación e accederon ao arqueo bancario do ente provincial ademais de comezar a familiarizarse cos diferentes regulamentos que rexen o funcionamento da Deputación.