Francisco Conde: “O 23 de xullo é unha oportunidade histórica para empezar un novo ciclo, impulsar o cambio, rexeitar os bloqueos e os extremos e que por fin Lugo teña as respostas que precisa”
Ribadeo, 15 de xullo, 2023. O presidente do PPdeG puxo como exemplo a vitoria de Daniel Vega en Ribadeo nas eleccións municipais de cara aos días que restan de campaña: “Foi unha maioría traballada despois de moito tempo atendendo as demandas dos veciños e buscándolles solucións”
Un exemplo que lle serviu para insistir na necesidade de dar a Alberto Núñez Feijóo unha maioría forte “para facer en España o que fixo en Galicia e o que levamos facendo desde a Xunta ao longo deste ano”
“Hai que ser esixentes para reclamar aquelo que nos corresponde, contar cun respaldo amplo para poder obtelo e estar sempre en contacto coa xente”, explicou neste sentido
Aproveitando a súa visita a Ribadeo, Alfonso Rueda referiuse á autovía que conecta Galicia con Asturias para afirmar que esta infraestrutura “ten unha hipoteca asinada por Pedro Sánchez”, citando o compromiso do Goberno de España ante a Unión Europea de facer de pago o uso das autovías
“Por moito que Sánchez o siga negando, ese compromiso está por escrito e supón o mellor reflexo do que nos agarda se continúa na Moncloa: máis mentiras, máis inconsistencia e seguir sen contarlle á xente a verdade”, concluíu animando aos seus a “traballar para dar a Alberto Núñez Feijóo un resultado histórico desde Galicia”
FRANCISCO CONDE: “ESTAMOS ANTE A POSIBILIDADE DE ABRIR UNHA NOVA ETAPA”
O número 1 da lista da provincia de Lugo ao Congreso insistiu na “oportunidade histórica” que se presenta o 23 de xullo “para empezar un novo ciclo, impulsar o cambio, rexeitar os bloqueos e os extremos e que por fin España, Galicia e Lugo teñan as respostas que precisan”
Francisco Conde referiuse nomeadamente ás demandas en materia de infraestruturas, a industrias como Alcoa ou Altri e a sectores fundamentais na economía da provincia – e en especial da Mariña – como é a pesca
“Quédanos unha semana para seguir trasladando as respostas que ofrece Alberto Núñez Feijóo a estas demandas e seguir traballando para que a xente entenda que estamos ante a posibilidade de abrir unha nova etapa”