A Xunta de Goberno Local adxudicou a realización da obra de arranxo de camiños municipais á empresa Construcciones Cazás SL
As actuacións, que se iniciarán nas vindeiras semanas, consistirán na limpeza de cunetas e mellora de firmes mediante a aplicación de regos asfálticos ou aglomerados, en función dos tipos de vías.
Con cargo ao Plan Único arranxaranse mediante a aplicación de rego asfáltico os camiños da Proída, A Cosqueira-A Malata e O Barreiro-Vista Alegre, en Reinante; accesos ao Río e O Couto, en Cabarcos; Calzada-San Paio e accesos San Paio, en San Xusto; Xunto á Igrexa, A Romiña e As Saíñas, en Celeiro; do Cascabeiro ao Acantilado en San Cosme e acceso As Travesas, en Benquerencia. Os traballos en aglomerado afectarán á un tramo dun km da estrada que sube de San Miguel a Remourelle, ao camiño da Carreira-Pico da Carreira, en Vilamartín Pequeno e As Eiras, acceso á estrada xeral.
No proceso de licitación, cuxa documentación se pode consultar na plataforma de contratación, concorreron catro empresas cuxas ofertas oscilaron entre os 152.780 euros máis ive da empresa adxudicataria e os 172.389,94 máis ive da oferta máis alta. A adxudicación realízase tras ter sido presentada pola empresa a documentación necesaria para a mesma e prevese o inicio dos traballos nas vindeiras semanas, tras a aprobación do plan de seguridade e saúde a o replanteo da obra por parte da empresa e a dirección da obra.
A alcaldesa explica que a baixa obtida nesta licitación permitirá destinar a diferencia ao arranxo doutros viais non previstos inicialmente en función da súa adecuación ao orzamento que se manexa.