O Valadouro, 31 de xullo, 2023. A asociación cuiden maiores e coidadores anuncia que están abertas as inscricións para o 2º Programa Coidarte no Concello do Valadouro. O programa de apoio e formación para familiares coidadores de persoas maiores levarase a cabo a partires do día 30 de agosto, constando de 8 sesións os mércores á tarde, de 16:00 a 18:00 horas na Casa da Cultura do Valadouro.
O Programa Coidarte é unha iniciativa destinada a dotar de recursos e ferramentas aos coidadores familiares, co obxetivo de mellorar a calidade de vida das persoas maiores e aliviar a carga física e emocional de quen se encarga do seu coidado.
A través destas intervencións, o programa busca empoderar aos coidadores familiares, proporcionándolles coñecementos, habilidades e apoio emocional necesario para enfrontar os desafíos do coidados dos maiores. Así mesmo, promóvese a creación de redes de apoio e solidaridade entre os coidadores, fortalecendo así o tecido social da comunidade.
O programa caracterízase polo seu enfoque personalizado e adaptable a cada familiar coidador. Conscientes da importancia de brindar un espacio íntimo e de calidade, os grupos de participantes estarán limitados, garantindo así unha atención individualizada e un ambiente propicio para ofrecer unha experiencia formativa máis efectiva, un apoio emocional máis cercano e para o intercambio de experiencias.
Visitas domiciliarias
No compromiso de ofrecer un apoio excepcional aos familiares coidadores e mellorar a calidade de vida das personas mairoes, engádese un componente único e valioso ao programa de apoio e formación: as visitas domiciliarias. Estas visitas representan un plus engadido que permite entender de maneira profunda as necesidades de cada familia, tanto da persoa maior como da persoa coidadora, para ofrecer unha atención aínda máis efectiva e empática.
Para inscribirse, os interesados deberán acudir ás oficinas do Concello do Valadouro, onde poderán formalizar a súa participación no programa. Así mesmo, para obter máis información sobre o programa, poden comunicarse ao número de teléfono 644 032 222