Antonio Basanta salientou a importancia de difundir a calidade de produtos do mar de temporada como o bonito do norte, as boas prácticas da frota galega na súa captura, mediante artes de pesca moi selectivas, ou de impulsar o seu consumo dando a coñecer os beneficios que a súa inxestión ten na saúde dos cidadáns. O director xeral tamén destacou que a celebración de eventos paralelos como Produart -con accións como talleres, conferencias ou obradoiros infantís- contribúen a achegar o mundo do mar ao conxunto da cidadanía favorecendo tamén a economía das zonas costeiras.