Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta pon en valor en Ribadeo o deporte como un motor de cambio de cara a acadar a igualdade efectiva entre homes e mulleres

Ribadeo, 21 de xullo de 2023. A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, asistiu hoxe en Ribadeo á presentación da categoría feminina do trofeo futbolístico Emma Cuervo. Unha categoría que se celebra por terceiro ano consecutivo no marco deste torneo que chega xa á súa 72ª edición. Alí, puxo en valor o deporte como motor de cambio de cara a acadar a igualdade efectiva entre homes e mulleres.

Así, o deporte, tal e como explicou a secretaria xeral, é un piar fundamental na construción dunha sociedade máis equitativa e igualitaria e, por esta razón, eríxese nun dos eixes de actuación da Xunta mediante axudas como o Plan de patrocinio publicitario para os equipos femininos de alta competición de Galicia, ao abeiro do que se levan investido case 622.000 euros desde 2020 para o fomento da igualdade no deporte. Así mesmo, impúlsase a campaña NON contra a violencia de xénero no marco das distintas competicións deportivas e o Plan Corresponsables coa participación de 18.000 menores de entre 6 e 16 anos en 175 concellos, co obxectivo de facilitar a conciliación familiar e de promover a práctica deportiva cun orzamento este ano de 2,8 millóns de euros, un 10% máis que en 2022.

Exit mobile version