Site icon Crónica3.com A Mariña

A XLIII Mostra Folklórica Internacional de Viveiro presenta o programa

Viveiro, 31 de xullo, 2023. A programación comezará coa Inaguración da Exposición “A Indumentaria tradicional non camiño francés”, que se poderá visitar do día 1 ao 7 de Agosto, na sala de exposicións do Concello de Viveiro-Biblioteca Municipal e que contén indumentaria tradicional da Rioxa, Castela-León etc.

O Xoves día 3 ás 20:30h na Praza Maior terá lugar a Mostra Infantil coa participación dos grupos:
• Grupo “Xoaniña” de Saiñas de Xove
• Grupo “Mistura” de San Cibrao
• ACR “Os do 21” do Vicedo.
• Grupos infantís de Bágoas dá Terra: “Bazar, Pindusa e Ledaiña”
así como o invitado especial: Grupo Folclórico Infantil “Santa Marta de Portucelo” de Portugal.

O Venres día 4 ás 22:30h na Praza Maior terá lugar o Concerto de Música FOLK a cargo de Bágoas dá Terra.

O Sábado día 5 ás 12:30h polas rúas de Viveiro terá lugar o DESFILE DAS NACIÓNS. Saída desde o Conservatorio Profesional de Música de Viveiro. Coa participación dos grupos nacionais Coros e Danzas “Jovellanos” de Xixón Asturias e “Ibarra Kaldu” de Portugalete-Pais Vasco, así como os internacionais de Colombia, Serbia, Taiwan, Chile, Quenia e o anfitrión Bágoas dá Terra de Viveiro.

A continuación será a Recepción Oficial coas Autoridades cos grupos participantes.

Ao terminar a Recepción oficial representación de Danza nos xardíns Noriega Varela a cargo dos grupos nacionais de Asturias e Portugalete.

Xa pola noite ás 22:00h na Praza Maior terá lugar o espectáculo Especial Sudamérica, cos ballets de Colombia e Chile.

O Domingo 6 ás 20:30h na Praza Maior terá lugar a GRAN GALA INTERNACIONAL da XLIII Mostra Folclórica Internacional de Viveiro.

Coa participación dos grupos:
• Integración Folclórica Colombiana “OUTRORA” de Colombia
• Ensamble “NIKOLATESLA” de Belgrado – Serbia
• “Yihui Dance Theatre” de Taiwan
• Ballet Folclórico “Alas de mi Patria” de Chile
• “African Tumbas” de Quenia
• Grupo “Bágoas de Terra” de Viveiro

Ademais durante os días da Mostra haberá audicións musicais polas rúas de Viveiro a cargo dos grupos participantes.

A entrada será libre e gratuíta para todas as xornadas e eventos, non sendo necesario a retirada de entradas para acceder ao recinto. Na Gala Internacional a apertura do recinto será ás 19:30h, haberá un espazo habilitado para persoas con mobilidade reducida e outro para Aspanane.

“Desde Bágoas dá Terra rogamos que se respecten estes espazos”.

Exit mobile version