Site icon Crónica3.com A Mariña

A XLIII Mostra Folklórica Internacional de Viveiro celebrarase do 1 ó 7 de Agosto

Viveiro, 22 de xullo, 2023. Dende a Asociación Bágoas da Terra continúan cos preparativos da XLIII Mostra Folklórica Internacional de Viveiro, que este ano se celebrará do 1 ó 7 de Agosto, cos días fortes entre o Xoves 3 e o Domingo 6, , despois de celebrarse ininterrompidamente dende o ano 1979, salvo a parada obrigatoria pola pandemia. 43 Edicións dun Festival punteiro de recoñecemento Internacional pertencente a CIOFF integrada na ONU-UNESCO do que Bágoas da Terra e Viveiro senten orgullo.

Bágoas da Terra volta con forza na organización desta edición da Mostra, que incluirá unha exposición moi interesante de indumentaria tradicional das zonas polas que transcorre o Camiño de Santiago francés. O que será unha actividade adicional nas diferentes xornadas, como a Mostra Infantil, Concerto de Música Folk, Desfile das Nacións e Recepción cas Autoridades, Animacións e actuacións nos Xardíns Noriega Varela de grupos nacionais e actuacions musicais polas rúas, un espectáculo especial o sábado 5 á noite así como a Gran Gala Internacional do domingo 6 de Agosto.

Estes días previos Bágoas da Terra continúa con moita actividade cos ensaios intensivos para a Gala Internacional, con especial atención, ademais do seu repertorio tradicional recollido por diversas áreas de Galicia.

Exit mobile version