Site icon Crónica3.com A Mariña

A Vicepresidencia da Deputación colabora co Festival de Pardiñas, exemplo do traballo do asociacionismo galego a prol da cultura

O Festival reunirá grupos e músicos de Galiza, Euskadi, Asturies, Catalunya, País Valenciá, Escocia, Francia, Bretaña, Chile ou Colombia

Lugo, 31 de xullo de 2023. A deputada de Cultura Iria Castro participou este mediodía na presentación XLVI Festival de Pardiñas, que se celebra do 4 ao 6 de agosto en Guitiriz. O programa comeza o venres co certame de Cantos de Taberna polos bares e rúas de Guitiriz e continú sábado e domingo no recinto do Festival, cunha vintena de concertos, obradoiros e espectáculos musicais de grupos e músicos de Galiza, Euskadi, Asturies, Catalunya, País Valenciá, Escocia, Francia, Bretaña, Chile ou Colombia.

No acto, celebrado no Balneario de Guitiriz, Iria Castro parabenizou á Asociación Xermolos pola organización dun festival que é parte das “vivencias da veciñanza de Guitiriz e de moitas e moitos persoas de toda Galiza que ao longo dos anos disfrutamos aquí da música, do baile e do bo ambiente”. “Que todos e todas poidamos desfrutar de Pardiñas non é froito da casualidade, é froito do traballo incansable de Xermolos, un exemplo da boa saúde da que goza o asociacionismo galego”, apuntou.

Nesa liña, o presidente da Asociación Xermolos Alfonso Blanco reivindicou o Festival de Pardiñas como unha festa de familia que implica na organización a toda a veciñanza e lembrou a contribución de Pardiñas á fomento da creación artística con iniciativas como Certame Terra Chá de Creación Infantil e Xuvenil.

Na presentación participaron tamén Xurxo Souto, Richi Casás e a alcaldesa de Guitiriz e deputada provincial Marisol Morandeira, así como integrantes da Asociación Xermolos e edís do goberno local.

A área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega 20.000 euros para a organización do Festival de Pardiñas.

Programa

Venres, 4 de agosto
20.30 horas. IX Certame de Cantos de Taberna polos bares e rúas de Guitiriz coa colaboración da hostalaría

Sábado, 5 de agosto
11.30 horas Apertura XXX Mostra de Instrumentos de Música Tradicional
13.00 horas. Sesión Vermú: Xirolarrúa (Euskadi)
16.00 horas. Aberto de Billarda
17.00 horas. Apertura da XLIV Mostra de Artesanía
Pregón da Mostra de Instrumentos Xaneco Tubío
18.00 horas.Obradoiro de Txalaparta: Juan Mari Beltrán
19.00 horas. XLIV Carreira Popular
19:30 horas. Concerto Pandereteiras Brincadeira (Galiza)
20.20 horas. Bloquinho de Xermolos (Galiza)
21.30 horas. Boroa (Galiza)
23.15 horas. The Poozies (Escocia)
00.30 horas. Guilhem Desk (Francia)
2.15 horas. La Tarrancha (Asturies)
3.45 horas .Rebeliom do Inframundo (Galiza)

Domingo, 6 de agosto
11.30 horas. XLIV Mostra de Artesanía
XXX Mostra de Instrumentos de Música Tradicional
12.00 horas. Obradoiro de Xogos Bailados: Luis Pego
13.00 horas. Concerto Cançons de Festa Major (Catalunya)
14.00 horas Sesión Vermú con La Trocamba Matanusca (País Valenciá)
16.00 horas. Obradoiro de Danzas Bretonas Justine Frelaut (Guerledan-Bretaña)
16.30 horas. Regueifa na Chá
17.00 horas. Obradoiro de Baile Tradicional Galego Montse Rivera
17.15 horas. Espectáculo infantil Cirquack (Colombia)
18.00 horas. Os Carunchos (Galiza)
19.00 horas. Pregón Festival de Pardiñas Sabela Núñez Singala
Entrega de premios do Certame Terra Chá de Creación Infantil e Xuvenil
20.30 horas. Caamaño&Ameixeiras + Caldo (Galiza)
22.000 horas. Xisco Feijóo (Galiza)
23.45 horas. Calle Mambo (Chile)
1.45 horas. La trocamba Matanusca (País Valenciá)

Exit mobile version