As mesas estarán atendidas por 1.599 membros e 450 representantes da Administración, ademais dun total de 1.088 efectivos, para asegurar o exercicio libro do dereito a voto
Nestes comicios, Lugo decidirá un total de 4 deputados e deputadas, e 4 senadores e senadoras. En total, proclamáronse 10 candidaturas ao Congreso e 9 ao Senado.
En canto a medios, na provincia haberá 533 mesas e cabinas repartidas en 400 colexios electorais. Se terá a disposición da cidadanía 1.066 urnas nas que poderán depositar o seu voto. Así mesmo, imprimíronse cerca de 3,4 millóns de papeletas para o Congreso e 340.000 para o Senado. Estas mesas estarán atendidas por 1.599 membros e por 450 representantes da Administración que se encargarán de verificar a correcta apertura das mesas, resolver incidencias e recoller os datos de participación e do reconto de voto.
Ademais, durante o día das eleccións, na Subdelegación de Lugo haberá persoal para solucionar calquera incidencia que poida xurdir en colaboración coa Xunta Electoral. Nesta liña, Isabel Rodríguez destacou o despregamento de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e Policía Local para o exercicio libre do dereito ao voto, que contará cun total de 1.088 efectivos.