Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación destina 100.000€ para mellorar dotacións públicas en Alfoz

A Xunta de Goberno aprobou este investimento que aporta ao Concello para a instalación dunha cuberta na pista de pádel municipal e dotar de mobiliario a antiga vivenda de mestres da escola da Pinguela, reconvertida en vivenda social

Lugo, 28 de xullo de 2023. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un investimento que supera os 100.000€ para mellorar infraestruturas e servizos públicos dos veciños e veciñas de Alfoz. Así o anunciou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen informou dos asuntos tratados na sesión celebrada esta mañá.

García Porto sinalou que esta aportación que fai a Deputación ó Concello, por un total de 107.175,92€, permitirá ao ente local “a instalación unha cuberta na pista de pádel municipal e tamén dotar de mobiliario a antiga vivenda de mestres da escola da Pinguela, na parroquia de Lagoa, rehabilitada como vivenda social”. Esta contía, explicou a voceira socialista, “representa o 95% do total do orzamento necesario para estas actuacións, mentres que o Concello asume 5.640,84€”.

Axudas a tres asociacións da provincia
A Xunta de Goberno de hoxe aprobou tamén o último paso administrativo para o pago das subvencións outorgadas pola Deputación a diferentes asociacións da provincia dentro do Programa para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios. Pilar García Porto avanzou que a Deputación concedeu preto de 14.000€ a tres entidades dos concellos de Lugo e Paradela, subvencións coas que “seguimos reforzando a cooperación co tecido social da provincia, para dotar de máis e mellores servizos ao noso rural, contribuíndo así a fixar poboación”.

Trátanse de dous colectivos da capital lucense, a Asociación Veciñal Lucus Augusti, que recibe un importe de 6.000€ que lles permitirán realizar obras na súa nova sede; e a Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa, que percibe 1.880€ para diferentes obras no seu local.

No concello de Paradela, a Deputación outorgou unha axuda de 6.000€ á Agrupación de Propietarios Particulares destinada á mellora do firme do camiño veciñal de Louseira.

Exit mobile version