O servizo de socorrismo xa está operativo deste este sábado, 1 de xullo, integrado por 6 profesionais
Cervo, 1 de xullo, 2023. A bandeira azul ondea xa na praia do Torno, en San Cibrao.
A insignia, que premia a xestión ambiental do Concello, foi izada pola rexedora, Dolores García Caramés, a tenente alcalde, Mali Méndez, e os edís de Emprego e Zona Rural, Alfredo Fernández e Adrián Arias, respectivameente, acompañados por varios traballadores municipais e polos socorristas que velarán pola seguridade dos bañistas durante os próximos dous meses, de luns a domingo, en horario de 12:00 a 20:00 horas.
Ademais, desde esta fin de semana xa locen tamén a bandeira Ecoplayas, a de praia sen fume e tamén o distintivo de Sendeiro Azul, que “recoñece o valor medioambiental desta ruta” e pon de manifesto “o compromiso municipal co turismo sustentable e de calidade”.
Caramés puxo de manifesto que “aínda que O Torno é a praia que ten bandeira azul, todos os areais do Concello contan cuns servizos axeitados a disposición dos usuarios, e cunha calidade óptima para o baño”.