Alfoz, 21 de xuño, 2022. Un ano máis o Festival Internacional de Narración Oral Atlántica estará en Alfoz. No Castelo de Castrodouro como é habitual. As actuacións previstas son:
O sábado día 1 ás 21:00h no Castelo de Castrodouro, volve o Festival Atlántica a Alfoz. Pedro Mario López de Cuba presentará “Urdimbres”, dirixida a público aduto, de balde, en castelán. Espectáculo que enlaza con humor, ironía e dor historias de profundas resonancias humanas. Contos que narran a vida desde a perspectiva do narrador, conectado coas historias de moitos e moitas que emerxen poeticamente para confrontar a súas voces coa ecoloxía da incerteza; tupidos urdidos entre os que despregan o seus tránsitos o amor, o desarraigamento, a esperanza, o esquecemento ou, dito doutra maneira, a vida en permanente pulso coa morte.
O domingo 2 de xullo, ás 19:00h no Castelo de Castrodouro de Alfoz, dentro do Festival Internacional de Narración Oral Festival Atlántica, estará Cristina Collazo con “A corva”. Dirixida a público familiar, de balde, en galego.‘A Corva’ é unha compoñedora de contos que fai una parada no seu incesante viaxe polo mundo para compartir a súa sabedoría co público. Un contacontos cheo de aventuras para facer gozar aos máis pequenos. “A cada país ao que viaxei, unha ensinanza memoricei”. Se tes moito medo, pecha os ollos e pensa nunha corva enorme voando rapidísimo polo ceo azul. Nesta sesión de contos coñecerás un novo idioma o corvabulario.