Site icon Crónica3.com A Mariña

Volve a festa de Santa Filomena no Cadramón, o sábado 10 de xuño

O Valadouro, 4 de xuño, 2023. O próximo sábado día 10 de xuño, logo de 8 anos dende a última vez, volverá a haber festa de Santa Filomena no Cadramón.

A Asociación Veciñal Santa Filomena do Cadramón organiza a festa coa colaboración económica da CMVMC do Cadramón.

Haberá misa na capela ás 12:30h, a continuación procesión e sesión vermú a cargo da A.C. Amado Lar e do Trío Zafiro.

Hai posibilidade de quedarse a comer no campo da festa, previa reserva antes do día 6 de xuño. O menú, elaborado por Seiramar, consta de empanada, churrasco, postre, bebida, café e chupito. Adultos, 25€ persoa, Nenos de 5 a 12 anos, 12€/neno e nenos menores de 5 anos gratis.

Á tardiña haberá un pase de música para amenizar a sobremesa e logo ás 22:00h dará comezo a verbena co Trío Zafiro e o Dúo Sonidos.

Dende a organización agradecen a Seiramar Espectáculos representante dos festexos, e tamén agradecen a colaboración do Concello do Valadouro e do Concello de Alfoz así coma a dos veciños que botaron unha man para que esta festiña saíse adiante.

Exit mobile version