Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro súmase á campaña ‘Quere o teu mercado’ con varias actividades este sábado

A praza de Abastos acollerá esta celebración do Día do Mercado con degustacións, un concerto e actividades para a cativada a partir das 11:00 horas

Vivieiro, 1 de xuño de 2023. O Concello de Viveiro celebra o Día do Mercado 2023 con varias actividades na praza de Abastos, dentro do programa ‘Quere o teu mercado’, que tera lugar este sábado día 3 de xuño a partir das 11:00 horas.

O programa comezará cunhas actividades para os máis pequenos organizadas por Eureka ás 11:00 horas.

Seguidamente, ás 12:00 horas, terán lugar unha serie de degustacións a cargo de Alejandro Balseiro, do restaurante Nito, e de Víctor Valenzuela, do restaurante O Muro, tamén na propia praza de Abastos

Finalmente, ás 12:30 horas, terá lugar a actuación da agrupación de gaitas Bágoas da Terra, poñendo fin así á programación de ‘Quere ao teu mercado’ polo Día do Mercado.

Exit mobile version