Site icon Crónica3.com A Mariña

Segunda edición de Tecnocienciarte, a feira de tecnoloxía, ciencia e artes do IES Perdouro

Burela, 19 de xuño, 2023. O luns 19 e o martes 20 de xuño celebramos a segunda edición de Tecnocienciarte, a feira de tecnoloxía, ciencia e artes do IES Perdouro, na que están incluídas por suposto as linguas, como vehículo de comunicación e como materia prima das artes.

Durante estes dous días o alumnado do IES Perdouro, as familias e o alumnado do CEIP Virxe do Carme poden visitar 17 postos nos que se mostrarán traballos, proxectos, experimentos… de Lingua francesa, Electrónica, Tecnoloxía, Mecatrónica, Xeografía e Historia, Lingua castelá, Plástica, Música, Bioloxía e Xeoloxía, Matemáticas, Tecnoloxías da Información e a Comunicación, Lingua galega etc.

Visitarán a feira arredor de 500 rapaces e as súas familias que poderán asistir a un recital de poesía galega elaborado con hologramas, ver como funciona unha trituradora de plástico ou unha extrusadora, entrar nun invernadoiro con forma de cúpula construída con fractais ou ver como cristaliza o bismuto, entre outras moitas actividades.

As familias están convidadas a visitar os postos da feira o luns 19 de xuño de 16 a 17:40h.

Exit mobile version