Ribadeo, 27 de xuño de 2023. Remataron as obras de acondicionamento da rúa Casa do Pobo, que supuxeron un investimento de máis de 100.000 euros. O alcalde, Dani Vega, subliñou que “seguiremos investindo na nosa rede de infraestruturas de todo o concello”.
O rexedor considera que “se fixeron ben as cousas, que houbo unha coordinación perfecta e unha inversión de máis de 100.000 euros. Desbrozouse e limpouse todo o terreo, eliminouse o aglomerado vello, construíronse novos muros de contención de formigón, procedeuse á demolición de todas as soleiras que daban entrada a vivendas e garaxes, dotouse a rúa de nova tubaxe para a auga, colocouse un novo colector do saneamento e tamén nova iluminación led”.
Vega aposta por seguir investindo en toda a rede de infraestruturas de Ribadeo: “mellorouse todo a zona e creo que os veciños e as veciñas están contentos co resultado. Penso que esta inversión é importante e nesta liña imos seguir, mellorando as contornas dos barrios, mellorando todas as nosas rúas e tamén seguiremos investindo na nosa rede de infraestruturas de todo o Concello”.
Ata a rúa Casa do Pobo se desprazaron esta mañá o rexedor e o concelleiro de Obras, Diego Dos Santos.