Trátase de actividades deportivas e lúdicas en xeral. É un programa moi amplo que inclúe festas, xogos de todo tipo, excursións, competicións deportivas, obradoiros, etc.
As actividades que se van desenvolver son:
Rutas San Antonio da Rigueira, que se van desenvolver o martes 13 de xuño. Prazo para anotarse ata o 12 de xuño.
“ENCONTROS PARA SAÚDE: OBRADOIRO DE MEMORIA”. Dirixido a persoas maiores de 60 anos, vaise desenvolver do 3 ata o 31 de xullo. Inscricións do 15 ao 28 de xuño. Trátase dunha actividade de Eduicación Familiar.
“OBRADOIRO TECNOLÓXICO DE VERÁN”. Curso de informática dirixido a nenos de 1º de primaria ata 4º da ESO. Vaise desenvolver na Aula de Informática do Centro Xuvenil do 4 ao 10 de agosto. Inscrición ata o 28 de xuño na OMIX.
Programa “MÓVETE NO VERÁN”, adicado a nenos e rapaces dende 3 anos en diante: xogos, chiquirritmo, sesións de baile moderno e full body e tamén a adultos: Ximnasia para Maiores e Pilates. Inscricións ata o 28 de xuño na OMIX .
Curso PÁDEL NO VERÁN na pista municipal. Do 3 de xullo ao 18 de agosto, a partires de 6 anos. Inscricións ata o 28 de xuño na OMIX.
INICIACIÓN AO RUGBY. a partir de 6 anos. Vaise desenvolver os días 10, 17, 24 e 31 de xullo e 7 e 14 de agosto en horario de 10:30 a 12:00 h no campo de herba artificial. Inscricións ata o 28 de xuño na OMIX.
XOVE CONCILIA VERÁN. Do 24 de xuño ata o 6 de setembro, con actividades de entretemento para nenos de 4º de infantil ata 4º de primaria (Prazas limitadas). Inscrición ata o 22 de xuño na OMIX.
Programa MAÑÁNS ACTIVAS durante os meses de xullo e agosto, para rapaces de 10 a 16 anos, con obradoiros de manualidades, xogos deportivos e actividades na natureza. Inscricións ata o 28 de xuño na OMIX.
Programa XUVENTUDE:
-12, 13 e 14 de xullo: CAMPAMENTO EN MORÁS. A partir de 4º de primaria. Prazas limitadas.
-28 de xullo: KARTÓDROMO DE TAPIA E LABERINTO DE RINLO. A partir de 4º de primaria.
-5 de agosto: VIAXE AO AQUAPARK DE CERCEDA. A partir de 1º de ESO.
-18 de agosto: Escape Room “LA MALDICIÓN PIRATA” no Centro Xuvenil a partir de 2º de primaria.
A inscrición para estas actividades vaise realizar na OMIX unha semana antes de cada actividade.
Programa XUVENTUDE EN ROQ SPORT, con prazas limitadas:
-“Parque de aventura” o 5 de xullo,
-“Rapel” o 19 de xulo.
– “Kayaks” o 2 de agosto.
– “Paint Bal” o 9 de agosto.
Programa XUVENTUDE EN A BALEA VERDE, con prazas limitadas. Vaise desenvolver
os días 7 e 21 de xullo, e 4, 11 e 25 de agosto, incluindo: kayaks, deportes de praia e snorkel. Inscricións na OMIX ata 2 días antes de cada actividade.
– DOMINGOS A REMOLLO NA PRAIA DE LAGO, os días 2, 9, 16, 23 e 30 de xullo, e 6,
13 e 20 de agosto. Con saídas en kayak e padel surf, en horario de 16:00 a 19:30 h.
Inscrición na praia media horas antes da actividade.
A Organización corre a cargo do Concello de Xove, concretamente das Delegacións de Xuventude e Deporte, Servicios Socias e Igualdade e a Oficina Municipal de Información Xuvenil. Contamos tamén co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e de Xuventude.