Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentadas as camisetas das festas patronais de Ribadeo

Ribadeo, 30 de xuño de 2023. Presentadas as camisetas das festas patronais. O alcalde, Dani Vega, agradece o traballo realizado pola comisión organizadora e subliña a aposta realizada por unha deseñadora local.

O rexedor declarou que “hoxe presentamos as camisetas das festas patronais. Temos que darlles as grazas a estes rapaces, que están a coordinar e dirixir eses festexos, forman unha boa comisión e están a facer un bo traballo. Hoxe temos a primeira cita, que é o Pancha Fest, que organiza esta comisión de festas”.

Vega subliñou que “tiveron esta iniciativa de facer estas camisetas cun deseño local, cunha deseñadora ribadense como é Sandra, que ten a empresa Viva la Pepa. Creo que tirar destes profesionais, que están facendo grande Ribadeo é acertar por completo”.

O alcalde engadiu: “grazas a Sandra por ese magnífico deseño e tamén a este grupo de rapaces por esas iniciativas que levan a cabo, que son moi positivas e que falan moi ben de Ribadeo. E nós desde o Concello estamos a colaborar con eles e tamén a Xunta de Galicia neste caso. Entre todos creo que estamos a facer as cousas moi ben a favor de Ribadeo”.

Exit mobile version