O club da Mariña colabora nunha campaña de promoción unido ás orquestras máis importantes de Galicia
As orquestras convertéronse en parte da cultura e tradición galega, especialmente nas datas estivais. Panorama, París de Noia e O Combo Dominicano son tres das máis grandes e relevantes orquestras en Galicia, que ano tras ano amenizan as festas patronais dos nosos pobos.
Por iso Pescados Rubén Burela FS iniciou unha colaboración con Panorama, París de Noia e O Combo Dominicano, que consistirá en dar a coñecer o traballo das devanditas entidades na nosa comunidade por medio das redes sociais, ademais de promover o noso club entre os afeccionados ás orquestras.
Como parte da campaña, Pescados Rubén Burela FS realizará tres camisetas de edición limitada cos logos de Panorama, París de Noia e O Combo Dominicano. Poderán adquirirse por medio das canles de venda habituais do club e estarán limitadas a 100 unidades cada unha.