O achado produciuse na lagoa de Cospeito. Ata alí acudiron os Bombeiros de Vilalba, que recuperaron o corpo. O 112 Galicia tivo coñecemento da desaparición da muller ás 23:30 horas da pasada noite, a través dos axentes da Garda Civil. A partir de aí, activouse un operativo, coordinado pola Garda Civil, no que tamén interviñeron membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Vilalba e os voluntarios de Protección Civil de Meira.