Esta exposición, composta por oito pezas decoradas por ambas caras -co cal suman 16 creacións nas que aparecen representados os faros da Costa da Morte- estará instalada durante todo o ano no paseo do Torno, en San Cibrao para desfrute de veciños e visitantes. Chega agora ao Concello mariñán tras pasar por diferentes localidades como Fisterra, Sanxenxo ou A Coruña. Esta exposición pertence á penúltima edición do certame, a oitava, do “Concurso de Murales de Azulejo Lar”, dirixido a estudiantes da ESO e que desde o primeiro momento tivo moita aceptación por parte dos centros, profesorado e alumnado.