Site icon Crónica3.com A Mariña

Obradoiros da memoria colectiva en Alfoz

O Obradoiro da Memoria Colectiva tivo lugar no Concello de Alfoz este xoves a cargo do antropólogo Rafael Quintía, durante o cal tratou de recoller entre as persoas asistentes as súas lembranzas sobre o patrimonio inmaterial do concello. Durante a sesión tratáronse temas como os mitos, lendas, contos, lugares sagrados, ritos e crenzas en torno a Alfoz nun ambiente que permitiu evocar moitas das súas lembranzas sobre estes temas.

Exit mobile version