Burela, 13 de xuño de 2023. O VII Torneo Marosa Cup de fútbol reunirá a máis de 40 equipos en Burela os días 24 e 25 de xuño. O evento deportivo foi presentado nas últimas horas.
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, contou que “se trata dun torneo que xa está máis que asentado no calendario de torneos que se fan nestas datas en Galicia . Van participar máis de 40 equipos este ano, co que pega un salto de calidade importante nesta edición, que conta co apoio do Concello de Burela e da Deputación de Lugo”.
O edil burelés subliñou que “o Concello está a disposición do Porto de Burela e da SD Burela como organizadores, para axudarlles a que todo salga o mellor posible. Queremos agradecerlles ás directivas o traballo que fan por manter este gran torneo, que sabemos que supón pola súa parte un grandísimo esforzo”.
Fernández Rey engadiu: “desexarlles que todo salga ben. Esa fin de semana, a do 24 e 25 de xuño, vai ser moi movida en Burela porque coinciden tres eventos de grande repercusión como son o Marosa Cup, o Memorial Heroes do Orzán e a Festa Castrexa. Burela rexistrará un abarrote de xente esa fin de semana”.
Xunto aos organizadores estiveron os concelleiros Ramiro Fernández e Carmela López.