Segundo explica o responsable da EMMeD, Hugo García, “continuando cun dos principais obxectivos do centro, que é ser motor socio-cultural do concello, a escola vén de programar esta pequena actuación en Covelas este mércores, 28 de xuño, ás 19:30 horas no pavillón de deporte, para que as persoas que non residen no casco ribadense, e lles poida resultar máis complicado asistir ás actividades que a EMMeD habitualmente programa, as poidan coñecer máis de cerca. Alí farase unha mostra do traballo que leva feito unha parte do alumnado do centro ao longo do curso”.
García engadiu que “este será o cuarto ano no que este programa se leva a cabo, polo que xa está incorporado dentro da programación anual do centro”.