O portavoz popular, José María Fernández, destaca que a socialista Mayra García coñecía de antemán que o servizo estaría hoxe en Trabada e non tomou medidas para que puidera ter conexión eléctrica dende o primeiro momento
O portavoz popular sinala que, sabendo de antemán que o citado servizo estaría hoxe en Trabada, a alcaldesa foi incapaz de ter preparada a tempo a conexión eléctrica necesaria. Como consecuencia, foi preciso utilizar un xerador. Como é sabido, estes aparatos son ruidosos, polo que inciden negativamente nalgunha das prestacións que se levan a cabo, como son as audiometrías.
Coidados Porta a Porta ofrece servizo de podoloxía: inclúe unha consulta básica, con valoración do estado xeral do pé, corte e limpeza de uñas, eliminación de durezas e callos. En canto ao servizo de audioloxía supón unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva. Presta igualmente servizo de estimulación da memoria: Un profesional realiza unha valoración cognitiva e proporciona pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e minorar unha deterioración, en caso de habelo. Destes servizos poden beneficiarse os maiores de 55 años, con cita previa e de maneira gratuíta.