O voceiro popular, Manuel Rouco, subliñou tamén “a falta de recursos da alcaldesa á hora de responder ás preguntas da oposición: non respondeu nin a unha soa das plantexadas polo noso grupo”
Burela, 30 de xuño de 2023. Os populares de Burela condenan “as carencias e inexperiencia do goberno bipartito” por levar ao pleno extraordinario de organización un punto da orde do día que non cumpría coas mínimas garantías legais para ser debatido. “De non ser así pola súa falta de experiencia -a pesar de que a actual alcaldesa formou parte do anterior goberno socialista-, sería unha “deliberada decisión para ocultar información á oposición”. Tendo en conta que non se pode consentir esta “falta de transparencia”, os populares advertiron da situación e, polo tanto, este punto debaterase noutro pleno extraordinario, cando sexa acompañado da preceptiva documentación. Os populares agardan que “o goberno bipartito non proceda de forma continuísta con respecto ao mandato anterior”.
Os concelleiros do Partido Popular explicaron tamén que “as persoas que presenciaron o pleno, ou o seguiron de forma telemática, puideron comprobar a falta de recursos da alcaldesa á hora de dar explicacións. É máis, ás preguntas plantexadas polo principal partido da oposición, a señora López Moreno non foi capaz de responder nin a unha soa”.
Centrándose nos puntos da orde do día que si se puideron debater, os populares destacan que “quedou de manifesto a peaxe que tivo que pagar o goberno socialista para poder formar coalición co seu socio do goberno bipartito, o BNG”. E, ademais, evidenciáronse “os tintes ditatoriais da señora López Moreno que contrastan co discurso de investidura ‘quedaben’ no que se ofrecía a manter a man tendida á oposición porque xa está a desoír as posicións e posturas en diversos aspectos por parte dos grupos que conforman a oposición que ten que fiscalizar a súas accións ou a falta delas por parte do goberno bipartito”.
“Dende o PP consideramos que Burela, como dicía o slogan dalgunha formación política, merece bastante máis do que está a recibir” por parte de dúas formacións políticas que, de por si, non gañaron as eleccións”.