José María Fernández pon en valor a colaboración da Xunta e agarda que “o goberno local xestione de forma responsable o traballo nas 146 hectáreas de desbroce que solicitou o Concello”
O voceiro, José María Fernández, lembra que “o ano pasado a alcaldesa solicitou adherirse, pero finalmente renunciou”. Polo tanto, “serán xa dous os veráns nos que o Concello de Trabada non conta cunha brigada contra incendios nin tampouco favorecerá a creación de varios postos de traballo dos que se poderían beneficiar veciños e veciñas no paro”.
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Rural, ofrece todos os anos estes convenios dentro das distintas liñas de colaboración cos municipios para conseguir unha maior eficacia na loita contra o lume. Nese sentido, os Concellos poden desenvolver labores de vixilancia e defensa contra os incendios forestais e traballos de prevención de forma manual.
Os populares si consideran positivo que o Concello solicitara actuacións en 146 hectáreas para levar a cabo rozas en viais municipais e fincas que se atopen cerca dos núcleos de poboación e que poidan supoñer un risco para os veciños. Nese sentido, agradecen a colaboración da Xunta e agardan que “os responsables do goberno local xestionen de forma responsable os traballos de desbroce”.