Lugo, 21 de xuño de 2023. O Pleno de constitución da nova Corporación provincial saída das eleccións municipais do 28M xunto coa elección de Presidente da institución e a súa toma de posesión celebrarase o vindeiro venres 30 de xuño, ás 12.00 horas, no Salón de Plenos da Deputación. Previamente, o próximo martes 27 de xuño, a partir das 13.30 horas, terán lugar as derradeiras reunións deste mandato da Xunta de Goberno, das comisións informativas de Asuntos do Pleno e de Economía, Recadación e Especial de Contas, e do propio Pleno da Corporación con sesións extraordinarias para aprobar as últimas actas de cada un destes órganos.