Nunha primeira parte máis tensa para o Burela, máis igualada e prudente por parte de ambos equipos, comeza o equipo mariñán con forza cun gol de Irene Samper en canto empeza o partido. Continúa o xogo con oportunidades para ambos os equipos pero sen atopar a portería. Unha moi clara de Peque no minuto 11 despois dunha socorrida recuperación de Irene Samper na súa portería complementando a Caridad. No minuto 17 chega o empate do Poio cun gol de Anna. Chega o descanso cun tenso marcador 1-1.
Na segunda parte comeza o espectáculo do Pescados Rubén cun gol de Peque no minuto 21 despois dun pase de Emilly que a mete na área rival onde a capitá remata e pon ao seu equipo en vantaxe 2-1. Dous minutos despois Dany continua avantaxando ao Burela cun gol tras unha boa combinación con Emilly. Segundos despois nun saque de banda no que Patricia pasa o balón a Jozi, unha oportuna Laura Uña róuballe o balón á porteira brasileira e encaixa o 3-2. Pero pouco dura a alegría do equipo pontevedrés, no minuto 24 de novo Peque nunha xogada individual consegue o 4-2. Tras unha falta perigosa e dobre paradón de Jozi chega o 4-3 despois dun corner cara atrás onde recolle Luci que pasa o balón e remata unha Irene García moi ben posicionada. No minuto 26 expulsan a Luci por dobre amarela pero non é ata o 32 no que Irene Samper anota o 5-3 despois dun erro de Elena á que Irene rouba o balón e cóallo na portería. No minuto 33 Emilly consegue o 6-3 tras un pase de Dany que recibe desde a outra punta da pista de Irene Samper e colócalla a Emilly para unha boa xogada de finalización da nova promesa brasileira. Dous minutos despois continúa Dany co 7-3 soa ante a porteira e pouco despois repítese unha escena similar con Patricia que anota o 8-3. Remata o recital de goles Saki, co 9-3 final no minuto 37 tras un pase de Antía que consegue exceder á porteira do Poio. Termina o encontro e o Pescados Rubén Burela FS está na Final para optar ao que sería o seu cuarto título dos catro disputados esta tempada.
Julio Delgado, moi orgulloso do tabajo realizado, recoñece unha primeira parte máis tensa “aínda que nos fomos con empate a uns fómonos algo enfadados porque tivemos moitísimas ocasións e concedemos un gol moi infantil, pero a segunda parte foi un rodillo e voume supercontento, a actitude foi extraordinaria”. Sobre a final “se pasa Futsi teremos o factor cancha en contra, se pasa Melilla terémolo a favor, a verdade é que as eliminatorias están moi igualadas. O noso obxectivo era estar aí, na final, creo que chegamos moi ben, en bo momento, con moi boas sensacións. Facendo unha semifinal moi completa e despois de perder o último partido de Liga, perder o factor cancha creo que o resolvimos moi ben e imos con moita moral e moi boas sensacións para disputar a final”.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Poio Pescamar FS
Pescados Rubén Burela FS: Caridad (P), Dany, Peque (C), Irene Samper, Emilly – cinco inicial- Saki, Jenny, Antía Pérez, Patricia, Jozi Oliveira (P).
Poio Pescamar FS: Elena (P), Laura Uña, Martita, Anna, Elena Aragón, – cinco inicial -, Agostina, Dani Sousa (C), Irene, Rocío Gómez, Luci, Sandra Buzón (P)
Goles: Min.1 Irene Samper 1-0; min.17 Anna 1-1; min.21 Peque 2-1; min.22 Dany 3-1; min. 23 Laura Uña 3-2; min.23 Peque 4-2; min.24 Irene 4-3; min.31 Irene Samper 5-3; min.32 Emilly 6-3; min.34 Dany 7-3; min.35 Patricia 8-3; min.37 Saki 9-3.
Equipo Arbitral: Roberto Amor, Jose Manuel Carreira, Andrea de Luis Iglesia
TA: min.2 Anna, min.4 Dani Sousa, min.18 Luci, min.25 Luci, min.29 Julio Delgado (entrenador PRBurelaFS), min.37 Patricia.