Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén Burela FS obtén o primeiro punto do Playoff en Poio

Burela, 3 de xuño, 2023. Este sábado disputouse o primeiro encontro da primeira eliminatoria dos Playoff polo título de Primeira Federación de Futsal Feminino, Poio Pescamar FS – Pescados Rubén Burela FS, no Pavillón A Seca de Poio, cun resultado final 1-3.

Un pavillón de A Seca cheo e entregado non impediu ás Guerreiras Laranxas facerse con este primeiro punto. Domina o Burela o encontro, que comeza sen goles pero con ocasións por parte de ambos os equipos, aínda que máis do Burela, entre outras unha de Antía no minuto 11 cun disparo que detén a porteira Sandra Buzón. Non é ata o minuto 17 cando Jenny mete o primeiro golazo do encontro tras un pase de Emilly cun disparo frontal desde fóra da área. Nos últimos segundos do primeiro tempo despois dun pase longo, Laura Uña logra empatar e encontro soa ante Caridad. Chega o descanso.

Na segunda parte de novo custa atopar o gol e no minuto 31 Dany rouba o balón a Sandra Buzón e cun elegante toque déixaa na portería subindo o marcador 1-2 para o equipo laranxa. Continúa dominando o Burela o encontro e chega o terceiro gol a falta de case un minuto para terminar o partido tras un pase en profundidade de Peque a Irene Samper e unha boísima carreira da xogadora maña que dispara coa zurda e métea rozando o segundo pau. Remata o partido cun resultado 1-3 que facilita enórmemente o pase á final ao Pescados Rubén, que se volverá a enfrontar ao Poio Pescamar nun segundo encontro en Vista Alegre o sábado da próxima semana, día 10, ás 17.00 horas.

Con todo ao seu favor, o equipo burelao volve á casa nunha viaxe curta, ideal para repoñer forzas e preparar o segundo encontro, así coma para chegar menos cansas do que podría ser á final. Despois deste partido en Pontevedra as guerreiras están cada vez máis preto da final, a pesar de perder o factor cancha souberon resolver o primeiro encontro fóra, tal e como esperaba o adestrador Julio Delgado que tiña moi claro que ía a por este encontro para así ter a vantaxe de xogar o segundo en Vista Alegre e levar os dous puntos sen un terceiro partido, importante para chegar en mellores condicións físicas á final contra o Futsi ou o MSC Torreblanca, que xogaron hoxe en Madrid cun resultado final 3-1 para as locais.

Ficha Técnica Poio Pescamar FS – Pescados Rubén Burela FS

Poio Pescamar FS: Sandra Buzón (P), Laura Uña, Martita, Dani Sousa (C), Luci, – cinco inicial -, Anna, Elena Aragón, Agostina, Irene, Rocío Gómez, Elena (P)

Pescados Rubén Burela FS: Caridad (P), Dany, Peque (C), Irene Samper, Emilly – cinco inicial- Saki, Jenny, Antía Pérez, Patricia, Jozi Oliveira (P).

Goles: Min.17 Jenny 0-1; min.19 Laura Uña 1-1; min.31 Dany 1-2; min.40 Irene Samper 1-3

Equipo Arbitral: Jorge Otero Mira, Héctor Vilas López, Vanesa Covelo Vilariño.

TA: min.15 Anna, min.19 Antía Pérez, min.19 Julio Delgado (entrenador), min.25 Rocío Gómez, min.30 Dani Sousa, min.30 Jozi Oliveira.

Exit mobile version