Foz, 6 de xuño, 2023. O martes, 6 de xuño de 2023, ás 11:30 no IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, celebrouse a entrega dos premios escolares de podcast O vello dos contos e deronse a coñecer aos gañadores de cada categoría nun acto que contou coa presenza de Valentín García, secretario xeral de política lingüística, Anxo Angueira presidente da Casa de Rosalía, e Loliña Mosquera filla de O Vello dos contos e madriña deste certame. No acto desvelouse a clasificación final e os gañadores de cada categoría. Cada finalista recibiu un lote de libros e unha figura única elaboradas polo alumnado da Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo.
O IES de Foz acadou o 2º premio na categoría de IES onde participou o alumnado de 4º da ESO. O V Certame de Podcasts en galego e portugués Xosé Mosquera Pérez, o Vello dos Contos, está organizado, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, Arraianos Producións e o colectivo Ponte … nas Ondas!