Patricia Otero denuncia que o goberno galego non actúe para paralizar a ampliación de vedas ás artes de fondo da Comisión Europea
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2023. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, denunciou hoxe que o goberno galego non explique as acción levadas a cabo para frear a proposta da Comisión Europea na que amplian as zonas de veda para as artes de fondo. Otero presentou unha pregunta na Comisión parlamentaria de Pesca para pedirlle á Consellería do Mar actuacións en defensa dos intereses do sector pesqueiro galego.
O pasado 21 de febreiro, a Comisión Europea (CE) presentou un paquete de medidas en materia de pesca, ante o cal Otero advirte de que non se realizou cun enfoque equilibrado entre a política pesqueira e a política medioambiental medioambiental. Este plan de acción “non ten en conta a dimensión socioeconómica de pesca”, dixo a deputada socialista, ao reparar en que non se teña en consideración a importancia da pesca no tecino económico e o emprego que xenera.
Neste período de discusión da futura normativa, a representante socialista empraza á administración do PP a pronunciarse en defensa da pesca de profundidade. E ademais insistiu sobre a necesidade de actuar ante esta “nova ofensiva contra a pesca de arrastre” para que non aplique vedas ás artes de fondo baseadas nun único informe sen un “traballo científico sólido”.
Abondou a parlamentaria que “existe un amplo consenso entre as administracións e o sector” para esixirlle a Bruxelas que retire a súa intención de ampliar de 87 a 115 as vedas cun documento feito a partir da pegada do arrastre. Esta “nova ofensiva” das autoridades europeas contra a pesca de arrastre tamén suporá afectar, limitar e prohibir outras artes como xa ten acontecido “co palangre de fondo por exemplo”, dixo Otero.
“Paos nas rodas”
A voceira pediulle á Xunta deixar de poñer “paos nas rodas” ao sector e comezar a poñer en marcha medidas de política pesqueira e un financiaciamento “máis ambicioso”. Ao mesmo tiempo mostrou a súa “preocupación por ver en perigo de novo a pesca de arrastre”.
Tamén salientou a deputada socialista que “o veto que se consumou o ano pasado fai saltar todas as alarmas”, e insistiu en pedir dende o Grupo Socialista “un traballo coordinado” entre todas as administracións que teñen competencia na materia e poden trasladar este posicionamento para reverter as vedas impostas pola CE.