Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello ofrecerá unha recepción ás guerreiras laranxas este martes. O equipo percorrerá nun tren turístico as rúas da vila

Burela, 26 de xuño de 2023. O Concello ofrecerá unha recepción ás Guerreiras Laranxas mañá, 27 de xuño, despois de térense proclamado campioas de Liga esta pasada fin de semana.

A alcaldesa de Burela, Carmela López, explicou que “ás sete da tarde un tren turístico vai recoller ao equipo no pavillón Vista Alegre para percorrer as principais rúas da nosa vila e ás oito recibirémolas aquí na Praza do Concello”.

A rexedora convidou “a todos os veciños e veciñas a participar nesta homenaxe ás Guerreiras Laranxas. As rapazas do Pescados Rubén Burela FSF proclamáronse campioas de Liga esta pasada fin de semana, despois de ter conseguido a Copa da Raíña, a Supercopa de España e a Copa Xunta de Galicia esta tempada. Son unhas heroínas e esta homenaxe é mais que merecida, polo que supoñen para Burela e polos valores que transmiten sobre todo ás máis pequenas e pequenos”.

Exit mobile version