Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro mantén reunións con touroperadores especializados en turismo relixioso e de natureza na Semana Verde de Silleda

Viveiro, 9 de xuño de 2023. O Concello de Viveiro está desde onte cun stand propio na Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, que se celebra en Silleda ata o domingo.

A concelleira de Turismo en funcións, Marisol Rey Yáñez, o 1º tenente de alcaldesa en funcións, Jesús Fernández Fernández, xunto ao persoal da Oficina Municipal de Turismo, están hoxe na feira.

“Mantivemos varios reunións con diferentes touroperadores europeos co fin de promocionar internacionalmente os recursos turísticos do Concello de Viveiro; hai moito interese no noso potencial paisaxístico, cultural e de natureza”, explica Rey.

“En concreto, tivemos unha reunión moi fructífera cun touroperador que traballa con turismo relixioso de Estados Unidos e quere impulsar un proxecto que una Sevilla con Galicia, e outra con World Adventures, que traballa con turistas interesados na natureza”, engade.

Hoxe ademais o Concello de Viveiro ofreceu aos visitantes a posibilidade de probar 250 racións de empanada de pincho de merluza de Celeiro e otras 250 racións de pan dos apóstoles, o doce típico de Viveiro durante a Semana Santa.

Viveiro conta en Silleda cun stand individual no que ofrecen folletos de promoción e información sobre o municipio.

Exit mobile version